miércoles, 5 de octubre de 2011

Pequeneces.

Considero que en ocasións son algo egoísta, non falo de cousas materiais, niso son a primeira xenerosa, falo de sentimentos. Non son moi caprichosa, non me fai falta ter o que quero aquí e agora, aínda que algo impaciente si que son. Encantaríame que cando fora a morrer mo dixeran dous meses antes, para dicir todo o que penso a todo o mundo. Son a máis cabezota do universo. Coñezo bastante xente, teño moitos amigos, pero sobraríanme os dedos das mans para contar aos verdadeiros. Non tendo a depender da xente, aínda que sen algunhas persoas estou segura de que non podería vivir. Os meus únicos heroes son os meus pais... Bueno, e a miña avoa. Cústame bastante pedir perdón, e cando me toca a min perdoar, fágoo, pero non olvido. Son algo impulsiva. Arrepentirse paréceme de idiotas. Detesto perder o tempo pero fágoo moitísimo, considero que o tempo é ouro, son desas que pensan que podo morrer mañá, ou agora mesmo escribindo isto, ou dentro de 10 anos, incluso 90, que non haberá máis 05 do 10 do 2011, nin o segundo que xa pasou. Podo dicir que son algo tímida, pero simplemente necesito un par de horas para coller confianza. Detesto que a xente diga "quérote" cando non o sinte de verdade. Temo á morte e á maneira de morrer. Son considerablemente sensible, non me gusta chorar pero non podo evitalo. Encántame que me digan palabras bonitas, coma a todo o mundo supoño, pero eu coa máis mínima palabra confórmome, penso que non me merezo máis que o que teño. O meu xeado preferido é o de chocolate. Adoro escoitar ás persoas, e facer que se sintan comprendidas. No fondo encántanme as cosquillas, e as caricias na espalda mátanme. Gústanme os animais, sobre todo os gatos. Algún día desexaría ter un mexillón de mascota. Gustaríame volver a pisar as terras londinenses algún día... Pronto. ''Non sabes o que tes ata que o perdes'' creo que é a frase máis real que escoitei. Adoro ir de compras, pero dame pereza probarme a roupa. John Lennon foi un deus. Son bastante pesimista, se algo pode saír mal, sairá mal, pero nunca perdo a esperanza. Odio o meu segundo nome. O fondo do mar dame medo. Encántame a fotografía. Odio ter que levantarme ás 8 da mañá pero encántame despertarme a media noite e saber que podo seguir durmindo. En ocasións podo chegar a detestar moito a certas persoas. Se perdo algo non o busco. Son unha desordenada, pero amo a orde. Se me preguntas que quero ser de maior direi coma un neno de 7 anos "ser rica". Amo as películas de amor, pero non creo no amor a primeira vista. Aínda que intente facer que paso de todo, aféctame, aínda que mo garde para que non lles afecte aos do meu arredor. O xamón serrano non me fai gracia. Sempre me durmo abrazada á almofada. Encántame o verán, pero o inverno non me disgusta polo simple feito de poder saír a calle abrigada baixo varias capas de roupa. Adoro escoitar cancións que me recordan a alguén, todas teñen un significado. Odio que se vaian sen despedir, ou cun simple "adeus"; prefiro un "ata logo". A miña película favorita entre moitas outras é Pulp Fiction. Antes de morrer quero abrir un corpo humano, tumbarme na neve e facer un "anxo", estar nun tellado, aprender a tocar a guitarra e a batería, tirarme a rolos por unha colina, etc. Adoito ter real confianza en moi poucas persoas. Son bastante segura, se teño claro algo non hai quen me faga cambiar de opinión. Non me gusta o común. Encántame que me den bicos e abrazos. Odio estudar, pero gústame ler. O meu número favorito é... Ah, espera, non teño número favorito. Adoro ver e oír chover. Prefiro o dulce ao salgado. Encántanme as tatuaxes, e os piercings só en determinados lugares. Ríome por calqueira tontería, pero din que son unha persoa algo calada. Pido moi pouco para ser feliz. Son rencorosa, aínda que cando recoñezo que hai que pasar páxina, fágoo. No fondo gústanme as películas de medo, sempre e cando as vexa acompañada. Penso que vivimos na vida real, non nunha película. Sempre me quedo co mellor do pasado. Son algo celosa, pero para nada envidosa. Utilizo bastante a ironía e o sarcasmo. Gústame case toda a comida en xeral, pero odio a fabada e os peixes raros (PUAJ). Aínda así, non teño problema en probar. Son moi curiosa. Vexo pouco a tele, prefiro o ordenador. Sempre levo algún complemento enriba. Case sempre estou escoitando música. Adoro durmir, aínda que penso que facelo máis do necesario é unha pérdida de tempo. Penso que nunca vou poder estar o suficientemente agradecida do que fan algunhas persoas por min, que me chego a sentir mal por cada cousa que fago e culpable por todas as cousas malas que lles pase aos do meu arredor. Odio á xente inxenua. Encántame Coldplay, pero opino que os seus dous primeiros discos son os mellores. Cústame decidir, pero cando o fago non hai volta atrás. Non me gusta a prepotencia. Adoraría volver a estar na infancia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario